Lingua e Sociedade en Galicia
Resumo
O artigo ofrece unha ampla revisión da situación social da lingua galega, comezando cunha breve historia do seu contacto co castelán e centrada especialmente nos cambios sociolingüísticos das últimas décadas, despois da súa oficialización como “lingua propia” da Comunidade Autónoma de Galicia. O traballo presenta e analiza datos estatísticos sobre as variables sociolingüísticas e sociais máis relevantes (lingua inicial, competencia lingüística, lingua habitual), presenta unha síntese do proceso de estandarización e comentarios sobre as controversias normativas e os seus efectos sociais, a diversidade de prácticas e as representacións que xurdiron como consecuencia do contacto co castelán neste complexo escenario de intervencións políticas sobre o status e corpus da lingua galega.
Texto completo:
PDFDOI: https://doi.org/10.24206/lh.v3i1.17105
Apontamentos
- Não há apontamentos.
Direitos autorais 2018 LaborHistórico

Esta obra está licenciada sob uma licença Creative Commons Atribuição 4.0 Internacional.



